Oposiciones - Enseñanza

SERGAS: noticias oficiales de la nueva OPE

19 de octubre de 2011.- En el día de ayer el SERGAS anunció las primeras plazas que serán convocadas de cara a una futura OPE, iniciando con la reposición de licenciados. Además, se anuncia la reposición de plazas en otros cuerpos entre los que se destaca el de enfermería. A continuación dejamos constancia de la nota de prensa:

"O SERGAS CONVOCARÁ UNHA OPE PARA GARANTIR A REPOSICIÓN DE EFECTIVOS NO COLECTIVO DE LICENCIADOS SANITARIOS.

Axustarase á porcentaxe establecida nas leis de orzamentos xerais do Estado e de Galicia do ano 2011, con 176 prazas vacantes ocupadas.
Irá precedida do correspondente concurso de traslados previo e dirixido aos propietarios de prazas

Santiago, 18 de outubro de 2011.- O Servizo Galego de Saúde vai convocar unha oferta pública de emprego (OPE) co obxectivo de estabilizar as plantillas no colectivo de licenciados sanitarios, onde isto é máis necesario.

O sector sanitario constitúe, dentro da Administración Pública, un servizo de carácter esencial, polo que no seu ámbito a reposición de efectivos -por xubilación e outras causas legalmente previstas- debe resultar prioritaria e quedar debidamente garantida. 

Nesta OPE convocaranse 176 prazas vacantes ocupadas, axustándose á porcentaxe establecida na Lei de Orzamentos Xerais do Estado do ano 2011 e na Lei de Orzamentos Xerais da Comunidade Autónoma de Galicia do ano 2011.

A oferta de emprego irá precedida do correspondente concurso de traslados, no que se ofrecerá previamente aos propietarios de prazas no sistema a posibilidade de mellorar o seu destino definitivo.

A celebración deste concurso de traslados ?previo por primeira vez á OPE- permitirá que na oferta se convoquen as prazas estritamente necesarias, é dicir, as que non teñan sido solicitadas por propietarios do Sergas ou doutros servizos de saúde.

Organización dos cadros de persoal do Sergas
A organización e deseño dos cadros de persoal do Sergas efectúase tomando en consideración a estrutura, as características e as necesidades asistenciais da poboación.

A renovación das plantillas coa incorporación de novos titulados garantirá a dispoñibilidade de persoal de cadro para cubrir as necesidades de atención continuada e realización de gardas médicas, favorecendo unha constitución estable dos equipos. 

Ademais, está previsto que o próximo ano o Servizo Galego de Saúde prepare unha nova oferta de emprego público para convocar prazas de medicina familiar e comunitaria e persoal de enfermería. "

 

 

Formación Superior

www.subeungrado.es

Ciclos Superiores en PREMIR

Formación para empresas y estudiantes.

Formación bonificada para empresas

Redes Sociales


Canal PREMIR
  twitter

PREMIR en imágenes

Centro Oficial homologado

MEC
Consellería de Educación
........................................
Centro colaborador de
la Universidad UCAM:
UCAM
UCAM
........................................
PREMIR recomienda
los cursos homologados de:

........................................
Centro colaborador de:

fundacion
cecap

Correo PREMIR

ENTRAR en mi cuenta ENTRAR en mi cuenta

Buscar

Usuarios registrados